liga

liga

(

  1. s f

    Fita elástica con que se suxeitan á perna as medias ou os calcetíns.

  2. s f [POLÍT]
    1. Acordo temporal entre dous ou máis estados ou soberanos, que entran en alianza ou federación para conseguir un fin común. Este pode ser político, ligas ofensivas e defensivas, ou económico coas ligas aduaneiras e monetarias.

      Sinónimos: alianza, coalición.
    2. Asociación para facer triunfar certos principios políticos, relixiosos ou sociais.

  3. s f [DEP]

    Competición deportiva en que cada un dos equipos inscritos xoga contra todos os outros da súa mesma categoría.

  4. s f [IND]

    aliaxe.

  5. s f [NUMIS]

    Cantidade dun metal, especialmente cobre, que se mestura con outros metais, como o ouro ou a prata, cando se funden para fabricar moedas ou xoias.