alianza
(< aliar)
-
s
f
Acción e efecto de aliar ou de aliarse dous ou máis pobos, dúas ou máis organizacións ou dúas ou máis persoas.
Ex: A alianza que asinaron onte en Xenebra é fundamental para Europa.
Sinónimos: coalición, liga. -
s
f
Conexión ou parentesco contraído por matrimonio.
Ex: Un dos xeitos de selar a alianza matrimonial é casar polo xulgado.
-
s
f
Anel de casamento.
Ex: Os noivos nerviosos colocáronse as alianzas que lles dera o padriño.
-
s
f
Acción de aliar ou de unir cousas diferentes.
Ex: A alianza da forza coa xustiza.
Sinónimos: coalición, liga. -
s
f
[BOT]
Grupo de asociacións vexetais relacionadas por un número significativo de especies comúns.
-
s
f
[DER]
Forma de cooperación estreita entre estados, materializada nun acordo ou tratado político ou militar, mediante o que os estados se protexen ou realizan os seus intereses (seguridade, estabilidade e influencia).
-
s
f
[HERÁLD]
-
Dúas mans destras enlazadas.
-
Armas de liñaxe que forman diferentes cuartos dentro dun mesmo escudo.
-
Escudo partido cos brasóns dos esposos que leva no primeiro cuarto as armas do marido e, no segundo, as armas da muller.
-
-
s
f
[POLÍT]
-
Pacto ou unión entre persoas, nacións ou entidades cun determinado fin: económico (Tratado de Libre Comercio), político (Organización de Estados Africanos), militar (Organización do Tratado do Atlántico Norte) ou doutra índole, que constitúe un dereito de todo estado soberano e independente regulado polo Dereito Internacional. Na actualidade as alianzas están a desenvolver un papel político e económico de indubidable importancia no contexto internacional, tanto na creación de novas estruturas políticas (Unión Europea) como na resolución de conflitos civís ou militares (forzas de pacificación da Organización de Nacións Unidas).
-
Acordo entre diversos partidos políticos a nivel electoral ou parlamentario para formar un goberno de coalición.
Sinónimos: coalición, liga.
-
-
s
f
[RELIX]
Na tradición bíblica, pacto de unión entre Deus e o pobo de Israel, o pobo escollido. A alianza nos pobos de Oriente consistía nun pacto xurado que establecía unhas relacións de parentesco, de amizade ou de soberanía e vasalaxe entre dúas persoas morais. Xeralmente quedaba constancia do pacto nuns dons feitos mutuamente, ou ben nunha pedra elevada en forma de monumento ou nun documento escrito. Antes da alianza do Sinaí, atópanse na Biblia as alianzas de Deus con Noé e con Abrahán. Como os pactos de vasalaxe coñecidos, o pacto do Sinaí principiaba coa presentación das partes contratantes, Israel e o seu Deus, por medio de Moisés, cun recordo histórico dos feitos prodixiosos que prepararon o pacto. Seguíanlle as cláusulas imperativas e prohibitivas. A primeira e máis fundamental de todas é: “Non teñas outro Deus fóra de min”. Ás de contido relixioso, engádense outras que manteñen xeralmente a forma preceptiva e unha serie de normas de resolución xudicial, semellantes ás doutros códices do Oriente antigo, que se presentan en forma casuística ou condicional. Como nos documentos escritos, no pacto de Sinaí fálase dunhas táboas de pedra gravada (as Táboas da Lei) e dunha folla escrita. Segundo a tradición, as táboas foron gardadas nunha arca (a Arca da Alianza) e levadas para a súa custodia ao Templo de Xerusalén, no que permaneceron ata a súa destrución. Dúas renovacións da alianza, referidas no Deuteronomio e no libro de Xosué, teñen por obxecto poñer todas as visicitudes da historia de Israel baixo a luz da súa infidelidade á alianza da bondade de Deus, que vai máis aló das condicións postas no pacto de Sinaí. Esta bondade de Deus é a que leva, diante do fracaso da alianza antiga, a prometer unha nova, por boca de Xeremías e de Ecequiel, que os cristiáns recoñecen na Eucaristía (a entrega e morte de Xesús o Cristo para a redención da humanidade).
-
[LING]
-
alianza de linguas Concepto introducido por Jakobson e Trubeckoj co nome alemán Sprachbünde que define un grupo de linguas que, aínda que non estean emparentadas, presentan semellanzas importantes na súa estrutura sintáctica, morfolóxica e fonolóxica. Este fenómeno atopámolo, por exemplo, nas linguas balcánicas, onde algunhas perífrases verbais son comúns en linguas como o albanés, o romanés, o grego moderno e o búlgaro.
-
alianza de palabras Figura semántica procedente da expresión francesa alliance de mots. Relaciona sintacticamente dous sintagmas opostos creando unha xustaposición de termos antitéticos que se pode establecer entre os núcleos dos sintagmas ou entre os seus modificadores. Velaquí a secuencia: Ela representa a alba luz e el a negra escuridade.
-
-
s
f
[XEOL]
Agrupación de solos segundo a natureza química da parte mineral do filtro do solo: sesquióxidos, silicatos, carbonatos.