Alianza Aresana de Instrución

Alianza Aresana de Instrución

Sociedade de instrución fundada na Habana en 1903 por aresáns emigrados a Cuba, México e EE UU. O seu obxectivo era implantar na vila de Ares e no seu termo municipal as escolas necesarias para o desenvolvemento educativo e cultural dos aresáns. A primeira dotación económica chegou en xullo de 1904.

Palabras veciñas

aliancista | alianza | Alianza | Alianza Aresana de Instrución | Alianza Atlántica | Alianza Baptista Mundial | Alianza Cooperativa Internacional