Life

Life

Semanario editado en EE UU a partir do 23 de novembro de 1936. Creado dentro do grupo de comunicación Time Inc por Henry Luce e Briton Hadden, supuxo unha revolución para o fotoxornalismo. Baseou o seu éxito na publicidade e no uso das fotografías como único elemento para narrar as historias. A finais da década de 1960 e como consecuencia do encarecemento do papel, entrou en crise. Time Inc suspendeu a súa publicación regular o 28 de decembro de 1972 e apareceron só números especiais. En 1978 renaceu con periodicidade mensual ata o 1 de maio de 2000, en que desapareceu definitivamente.