"Eruca" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Xénero de herbáceas, da familia das brasicáceas, representado en Galicia pola especie E. vesicaria, propia de cultivos e ermos. Constitúe unha planta pilosa, principalmente na parte inferior, de follas basais en mouta, pecioladas e lobuladas, e follas superiores reducidas e sésiles. As flores teñen sépalos erectos de ata 11 mm e pétalos de ata 22 mm de cor amarela e con nervacións violáceas. Os froitos son silicuas de ata 6 mm de ancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das brasicáceas, de talo pubescente e sección cadrada con ángulos arredondados, follas pinnatisectas ou pinnatipartidas, flores de pétalos amarelos e froitos en silicua estipitada. En Galicia está presente a especie E. nasturtiifolium, de ata 80 cm de alto, en ambientes areosos e de matogueira.

    VER O DETALLE DO TERMO