Erucastrum
Erucastrum
[PLANTA]
Xénero de herbáceas, da familia das brasicáceas, de talo pubescente e sección cadrada con ángulos arredondados, follas pinnatisectas ou pinnatipartidas, flores de pétalos amarelos e froitos en silicua estipitada. En Galicia está presente a especie E. nasturtiifolium, de ata 80 cm de alto, en ambientes areosos e de matogueira.