"Escandiña" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PUNTA

    Punta do litoral occidental da parroquia de Beluso, no concello de Bueu, situada ao N da boca da ría de Aldán e ao S do Cabo Udra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Escandinavia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do N de Europa que, nun sentido físico, inclúe a Península Escandinava, situada entre o Océano Atlántico, ao O, o Océano Glacial Ártico, ao N, e o Mar Báltico, ao L; que se estende ao longo duns 1.800 km desde o Cabo Norte, no Ártico, ata os estreitos dinamarqueses. A península ocupa unha extensión duns 770.000 km2, divididos entre o territorio de Noruega, Suecia e Finlandia. A súa poboación é duns 13.500.000 h (estim 2000). Desde o punto de vista lingüístico, cultural, histórico e socioeconómico inclúese tamén na denominación de Escandinavia a Dinamarca, Islandia e a totalidade de Finlandia.
    Xeografía física
    A Península Escandinava comprende a maior parte do antigo escudo báltico, un bloque de materiais cristalinos, eruptivos e metamórficos, que sufriron primeiro os dobramentos caledonianos e despois, unha vez aplanados e erosionados, os dobramentos terciarios, que deron orixe aos Alpes Escandinavos. Esta cadea montañosa, que percorre a península...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Escandinavia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Escandinavia.

    1. Aplícase á arte, literatura, música e linguas pertencentes á rama setentrional das linguas xermánicas; isto é: dinamarqués, feroés, islandés, noruegués e sueco, propias dos países escandinavos.

    2. Pobo xermánico que se estableceu na Península Escandinava, en Islandia, en Xutlandia e nas illas que forman parte do territorio de Suecia, Noruega e Dinamarca na actualidade. Situáronse nestes territorios a partir do s II segundo as inscricións rúnicas.

    3. Linguas nórdicas.

    VER O DETALLE DO TERMO