"Escania" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Län do S de Suecia, que comprende os condados de Kristianstad e Malmöhus (11.027 km2, 1.120.426 h [estim 1999]). A capital é Malmö. É unha das zonas máis fértiles de Suecia. Entre os principais produtos agropecuarios que produce destacan a carne, os cereais e as patacas. Tamén son importantes o comercio e a industria. Formou parte do reino dinamarqués dende o s IX. Contaba cunha asemblea lexislativa (ting) propia na cidade de Lund, que lexislaba segundo as súas normas e participaba na elección dos monarcas dinamarqueses. Lund converteuse en sé arcebispal e primada da provincia eclesiástica do N, ao redor do 1103. Pola súa estratéxica situación foi cobizada polos suecos, que conseguiron a súa incorporación polo Tratado de Roskilde (1658). Baixo o goberno dos suecos conservou o seu propio parlamento e as súas normativas (1658-1720). A rexión dividiuse en tres provincias administrativas sometidas ao goberno sueco (1809): Skåne, Halland e Blekinge. A...
-