Lugano
Lugano
Cidade do cantón de Ticino, Suíza, situada á beira do lago homónimo (25.771 h [1998]). É un mercado agrícola, de froita e tabaco, e gandeiro. Ten industrias mecánicas, téxtiles, alimentarias e de produción de tabaco. Tamén destaca como centro turístico. Pertence á Confederación Helvética desde 1512. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral románica do s XIII.