"Esmalcalda" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CIDADES

    Cidade do länd de Turinxia, Alemaña (17.000 h [estim 1998]). Núcleo histórico, a súa actividade económica baséase no turismo cultural e nos servicios académicos, pois concentra un importante número de estudiantes en relación á súa poboación na Universität Schmalkalden (2.400 matriculados e 85 profesores [2001-2002]); neste centro, ademais do dereito e a economía, predominan os estudios de enxeñería e ciencias aplicadas, que aproveitan dende 1902 a tradición siderúrxica da cidade. Fundada no s XIII, pasou a formar parte da rexión de Hessen-Kassel en 1583 e desde 1866 de Prusia. Do seu patrimonio cultural destacan as casas da cidade medieval, a casa do concello (1419) e a igrexa de San Xurxo (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento redactado por Lutero en 1537 que compila a doutrina da Igrexa reformada. Recolle cuestións relativas á natureza divina, á liturxia e aos sacramentos, á salvación e ao ministerio de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición de cidades e príncipes protestantes alemáns comandada polo elector Xoán Federico de Saxonia e o landgrave Filipe de Hessen para defender as súas ideas políticas e relixiosas. Xurdiu entre decembro de 1530 e marzo de 1531 como resposta aos acordos da Dieta de Augsburgo e cunha duración inicial de seis anos; en 1535 prorrogouse por dez anos máis. Co apoio do rei de Francia Francisco I, a Liga iniciou en 1546 a Guerra de Esmalcada, ao ocupar numerosas posesións imperiais en Alemaña. En abril de 1547, os exércitos de Carlos V enfrontáronse con éxito aos protestantes na Batalla de Mühlberg e, trala Capitulación de Wittenberg (maio de 1547), Xoán Federico de Saxonia e Filipe de Hessen foron capturados e a Liga disolta.

    VER O DETALLE DO TERMO