Esmalcalda, Liga de
Esmalcalda, Liga de
Coalición de cidades e príncipes protestantes alemáns comandada polo elector Xoán Federico de Saxonia e o landgrave Filipe de Hessen para defender as súas ideas políticas e relixiosas. Xurdiu entre decembro de 1530 e marzo de 1531 como resposta aos acordos da Dieta de Augsburgo e cunha duración inicial de seis anos; en 1535 prorrogouse por dez anos máis. Co apoio do rei de Francia Francisco I, a Liga iniciou en 1546 a Guerra de Esmalcada, ao ocupar numerosas posesións imperiais en Alemaña. En abril de 1547, os exércitos de Carlos V enfrontáronse con éxito aos protestantes na Batalla de Mühlberg e, trala Capitulación de Wittenberg (maio de 1547), Xoán Federico de Saxonia e Filipe de Hessen foron capturados e a Liga disolta.