esmaltadora
esmaltadora
(< esmaltar)
f
[IMAX]
Aparello para esmaltar fotografías. Consiste nunha placa metálica puída onde se dispoñen as fotografías unha vez sacadas do derradeiro baño no proceso de revelado e pasadas por unha solución esmaltadora. Esta placa vai montada nunha caixa que contén unha serie de resistencias eléctricas encargadas de evaporar a auga das copias e de secalas.