"Essen" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 20.
-
PERSOEIRO
Creador do navegador Mosaic (1993) xunto cun grupo de compañeiros da Universidade de Illinois, nos EE UU. Poucos meses despois converteuse nun dos fundadores da compañía Netscape, que produce un dos dous navegadores máis populares para a Internet, o Netscape Navigator.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor neerlandés. Representou o Realismo e evolucionou cara ao Expresionismo. Ao redor do ano 1945 fixo monumentos dedicados á resistencia dos Países Baixos ante a invasión alemá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor húngaro. É autor de dous dramas importantes do proceso histórico das letras húngaras: Ágis tragédiája (A traxedia de Agis, 1772) e A filozófus (O filósofo, 1777). Os ideais da Ilustración, que deixaron pegada en toda a súa obra, impóñenese dun xeito moi especial na súa novela Tarimenes utazása (A viaxe de Tarímenes, 1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor grego. Atribúeselle o grupo escultórico de Deméter, Ártemis Despoina e Anito, localizado en Licosura (Arcadia), do que se conservan tres cabezas monumentais no Museo Nacional de Atenas. Esculpiu tamén estatuas de madeira con cabeza, mans e pés de mármore.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica francesa realizada en 1991. Foi dirixida por Jean-Pierre Jeunet e Marc Caro, e interpretada por Dominique Pinon, Marie-Laure Dougnac, Jean Claude Dreyfus e Chick Ortega. A trama céntrase nun grupo de persoas que vive nunha casa retirada do centro dunha vila e que non ten outra preocupación máis que a de se alimentar.
-
-
Produto ou preparación alimentaria de alta gastronomía.
-
Establecemento especializado na elaboración e venda de produtos e bebidas das marcas máis prestixiosas.
-
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, na marxe dereita do Rin (599.515 h [2000]). É un importante nó ferroviario e núcleo industrial. Destaca a fabricación de maquinaria, vidro, materiais de construción e a produción de ferro e aceiro. Tamén é un centro comercial que se beneficia dunha boa rede de comunicacións. Cruzamento de camiños, foi desde a Idade Media ata mediados do s XIX un pequeno estado imperial dirixido polos abades do mosteiro beneditino construído na vila no s IX. A cidade desenvolveuse economicamente durante o s XIX, cando se converteu na sede das industrias do aceiro Krupp. Durante a Segunda Guerra Mundial foi practicamente destruída. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral románica. O complexo industrial da mina de carbón de Zollverein foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político sueco. Axudante de campo do Rei Gustavo III e gobernador de Pomerania (1800), dirixiu os exércitos que contiveron o cerco francés á cidade de Stralsund (1807). Embaixador en París, asinou a paz cos franceses en 1810. En 1814 dirixiu o exército sueco que invadiu Noruega e desde 1817 foi vicerrei deste país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e filósofo grego. Elaborou un sistema filosófico relixioso no que se consideraban os deuses como homes exaltados polo temor ou a admiración dos seus concidadáns. Das súas obras consérvanse Historia Sagrada e Panquea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Magnánimo (Marburg, Hessen 1504 - Kassel, Hessen 1567) Langrave de Hessen-Kassel (1509-1567), fillo do langrave Guillerme II. Asumiu plenamente o poder en 1518. En 1524 someteu a nobreza, acabou coas revoltas campesiñas e implantou a Reforma nos seus estados. En 1526, trala alianza defensiva de Gotha con Xoán de Saxonia, acadou do Emperador Carlos V a liberdade relixiosa. En 1529, trala revogación da Dieta de Espira, adheriuse á Liga de Esmalcalda (1531). Vencido por Carlos V en Mülhberg (1547) foi prisioneiro do emperador ata 1552. Fundou a primeira universidade protestante en Marburg.
-
CIDADES
Cidade do land de Hessen, Alemaña, no val do Lahn, nunha ampla conca rodeada de montañas (73.600 h [1990]). Hai minas de lignito, de ferro e de manganeso, e industria de maquinaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jan Sanders van Hemessen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Alemaña, ao L do Macizo Xistoso Renano (21.114 km2; 6.086.000 h [estim 2001]). A súa capital é Wiesbaden. Ao pé dos macizos volcánicos de Rhön e Vogelsberg esténdese unha rexión de altiplanos e outeiros moi fracturada, drenada polo Rin e os seus afluentes. O SO é unha área agrícola moi produtiva. No curso inferior do Main localízase unha das principais rexións industriais de Alemaña, centrada en Frankfurt e Wiesbaden, onde se fabrican automóbiles, maquinaria, produtos químicos, material eléctrico e de precisión, instrumentos científicos e técnicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre xermánica que ten as súas orixes en Enrique I de Hessen o Rapaz (?-1308), fillo do duque Enrique II de Brabante. Destacaron Enrique III de Hessen-Marburg (?-1483) quen iniciou a rama primoxénita dos landgraves de Hessen-Kassel; Ernesto I de Hessen-Rheinfels (?-1693) quen formou a rama dos landgraves de Hessen-Rheinfels e Rothenburg, extinguida en 1834; Guillerme IX de Hessen-Kassel (?-1821), quen se converteu en Guillerme I de Hessen ao adquirir a categoría de príncipe elector en 1803; e Alexandre de Hessen , quen iniciou a a familia Battemberg.
-
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico situado no Alto Rin. En 1816 converteuse no Gran Ducado de Hessen e do Rin, que existiu ata 1918, cando foi proclamada a República.
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico situado no Alto Rin. En 1803 converteuse no Electorado de Hessen e en 1866 incorporouse á coroa prusiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cártel que as grandes empresas químicas alemanas constituíron en 1925 para afrontar a grave crise económica. Converteuse nunha potencia internacional, grazas ao labor de investigación que permitiu avances técnicos importantes na industria química mundial. Rematada a Segunda Guerra Mundial, dividiuse e deu lugar a tres grandes sociedades: Basf, Bayer e Hoechst.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós da rexión de Peloponeso, Grecia, situada entre os golfos de Kiparissia e Kalámata (2.991 km2; 166.964 h [1991]). A capital é Kalámata (42.075 h [1981]). Na Antigüidade poboárona tribos de estirpe arcádica. As Guerras Mesenias provocaron a súa submisión a Esparta e a partir deste feito, intentaron fundar algunhas colonias para fuxir, sen éxito, do dominio espartano. Despois da Batalla de Leutra (371), no ocaso da idade romana, obtivo a plena autonomía.
-
REXIÓNS
Rexión de Alemaña, situada no land de Renania-Palatinado que se estende pola beira esquerda do Rin, pouco antes da súa confluencia co Main. Destaca pola produción de destacados viños.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Traballou en Anveres e en 1551 trasladouse a Haarlem. A súa técnica compositiva, adquirida dos romanistas flamengos, influíu en Velázquez. Pintou temas relixiosos (O fillo pródigo), de costumes (O cirurxián) e naturezas mortas. En Tobías anunciou o Barroco.
VER O DETALLE DO TERMO