Panicum

Panicum
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das poáceas, que presentan rizoma e talo ergueito, follas dísticas, planas e cunha lígula membranosa, e inflorescencia disposta en panícula con dúas flores. En Galicia está presente en solos húmidos e areosos, especialmente preto do mar a especie P. repens.