"Estevo II" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
PERSOEIRO
Elixido Papa no 752, morreu sen chegar a consagrarse, polo que non foi considerado como tal polos seus contemporáneos e durante a Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (752-757). Solicitou a axuda do rei dos francos Pipino o Breve contra os lombardos e, a cambio, unxiuno rei (754) e nomeouno patricio dos Romanos. Trala derrota dos lombardos conseguiu recuperar os seus territorios, aos que engadiu o exarcado de Ravenna como doazón de Pipino, e estableceu as bases dos Estados Pontificios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ban de Bosnia (1322-1353). Fillo de Estevo I, restaurou a dinastía dos Kotromanič. Vasalo dos reis de Hungría, conseguiu en loita cos serbios un acceso ao mar (1326). Sucedeuno o seu fillo Tortko I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Hungría (1116-1131), fillo de Kálmán o Bibliófilo. Iniciou enfrontamentos con checos, moravos, a República de Venecia, Polonia e o Emperador Xoán II Comneno, aínda que todos eles sen éxito.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran jupan de Serbia (1196?-1217) e primeiro rei de Serbia (1217-1227), fillo de Estevo I de Serbia. Coñecido como Estevo I Nemanjič, foi expulsado en 1200 de Serbia polo seu irmán Vukan, titular do voivodato de Zéta. Recuperou o trono en 1203 coa alianza bizantina, que posteriormente cambiou pola veneciana. O Papa Honorio III concedeulle o título de rei (1217) e fixo que fose coroado por un legado pontificio. En 1219 proclamou a independencia da Igrexa serbia polo que foi outra vez coroado rei de Serbia en 1221 polo seu irmán Sava. No fin da súa vida retirouse a un mosteiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (768-772). No concilio en Letrán (769) decretou que se excluíse aos laicos como candidatos ao papado e que o papa fose elixido polos clérigos romanos. Declarou nulo o concilio iconoclasta de Constantinopla e estableceu vínculos políticos cos francos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Hungría (1162-1172), fillo de Géza II. Conservou a titularidade do trono aínda que o Emperador Manuel I Comneno fixo coroar rei de Hungría ao seu tío Estevo en 1163.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Moldavia (1457-1504). Fillo de Bodgan II, sucedeu ao seu tío Pedro III. Derrotou os turcos en Rahova (1475), pero ante a súa constante ameaza, aliouse con Polonia e Hungría. Non obstante , asinou un tratado (1503) co sultán Baiazet II, polo que Moldavia mantiña a independencia a cambio dun tributo anual. Impulsor do desenvolvemento cultural do seu país, modernizou Suceava, capital do reino, e inspirou Crónica, pola graza de Deus, do país de Moldavia desde que foi establecido (1504), primeira obra literaria secular en eslavo. Pola súa resistencia aos turcos e a reconstrución de numerosas igrexas e mosteiros, o patriarca da Igrexa serbia concedeulle o título de atleta de Cristo e canonizouno en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO