Spandau

Spandau

Distrito urbano de Berlín, Alemaña, situado ao O da cidade e na desembocadura do Spree no Havel. Foi fortaleza ata 1903, e desde 1920 formou parte do Gran Berlín. Na súa prisión foron recluídos os condenados no Proceso de Nuremberg.