"Eudes" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PERSOEIRO
Duque de Aquitania. Freou o avance musulmán en Francia, primeiro a carón de Toulousse (721) e, posteriormente, coa axuda de Carlos Martel; isto obrigoulle a recoñecer, trala Batalla de Potiers (732), a supremacía da monarquía franca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (888-898) e conde de París. Tras ser recoñecido por Carlos III o Gordo como dux francorum venceu os normandos en Mountfacon (885) e foi coroado rei en Compiège (888). No ano 893 Carlos III o Simple obrigouno a compartir a coroa e recoñecelo como sucesor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou na corte de Carlomagno, para quen trazou os planos da Capela Palatina de Aquisgrán no 796.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Borgoña (1078-1102). Liderou, xunto con Raimundo IV de Saint Gilles, a cruzada contra os musulmáns na Península Ibérica (1087).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Blois e de Champaña (996-1037). Enfrontouse ao Emperador Conrado II polo control de Borgoña e apoiou a revolta de Roberto contra o seu irmán e rei de Francia Enrique I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Borgoña (1192-1218). Dirixente na cruzada contra os albixenses, mandou unha das alas do exército francés na Batalla de Bouvines (1214).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
santo (Ri, Normandie 14.11.1601 - Caen 19.8.1680) Eclesiástico francés. Ordenouse sacerdote en 1625 e dedicouse a predicar entre as clases populares. Fundou a congregación feminina da Nosa Señora da Caridade do Refuxio (1641) para ofrecer ás mulleres desamparadas un lugar de acollida. Tamén fundou a congregación de Xesús e María (1643) para a formación de seminaristas. Foi o primeiro en facer unha elaboración teolóxica da devoción ao Sagrado Corazón de Xesús e tamén ao Corazón de María. Foi canonizado en 1925. A súa festa celébrase o 19 de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas, de talo de ata 20 cm de lonxitude e ata 3 mm de diámetro, de cor amarela e consistencia xelatinosa, ao que pertence a especie E. virescens.
-
PERSOEIRO
Duque de Aquitania e de Gascoña (685?-735). Rexeu o territorio comprendido entre os Pireneos, o Atlántico, o Loire e o Ródano, e chegou a traspasar este. En 717 foi recoñecido como soberano por Khilperico II de Neustria-Austrasia e aliouse con el para loitar contra Carlos Martel, pero foi derrotado en 718 ou 719. Ao ano seguinte fixo as paces con Carlos e entregoulle a Khilperico. En 731 aliouse co valido da Narbonense, o bérber Munussa, que se sublevara contra Córdoba, pero este foi derrotado en Libia por ‘Abd al-Ra ḥ mān ibn ‘Abd Allāh al-Gāfiquī. En 732 al-Gāfiquī tomou Bordeos, desfixo as tropas aquitanas e saqueou Poitiers, ata que foi derrotado e morto por Carlos Martel.
VER O DETALLE DO TERMO