Eudes, Jean

Eudes, Jean

santo (Ri, Normandie 14.11.1601 - Caen 19.8.1680) Eclesiástico francés. Ordenouse sacerdote en 1625 e dedicouse a predicar entre as clases populares. Fundou a congregación feminina da Nosa Señora da Caridade do Refuxio (1641) para ofrecer ás mulleres desamparadas un lugar de acollida. Tamén fundou a congregación de Xesús e María (1643) para a formación de seminaristas. Foi o primeiro en facer unha elaboración teolóxica da devoción ao Sagrado Corazón de Xesús e tamén ao Corazón de María. Foi canonizado en 1925. A súa festa celébrase o 19 de agosto.

Palabras veciñas

Eudes I Borel | Eudes II | Eudes III | Eudes, Jean | Eudesme | eudiometría | eudiométrico -ca