"Eudosia" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente. Esposa do Emperador Arcadio (395), contribuíu á caída de Eutropio e enfrontouse ao Patriarca san Xoán Crisóstomo, a quen conseguiu exiliar tralo Sínodo de Quene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente, filla do filósofo Leoncio. A Emperatriz Pulqueria escolleuna como esposa do Emperador Teodosio II, polo que se converteu ao cristianismo co nome de Aelia Eudosia. A súa influencia na corte de Constantinopla provocou que a acusasen de adulterio, polo que se refuxiou en Xerusalén (443), onde se fixo seguidora de Eutiques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsarina rusa, filla do boiardo Fodor Lopukhin. Casou con Pedro I (1689) e foi nai do tsarévich Alexei (1690). Opúxose ás reformas relixiosas do seu home polo que foi encerrada co nome de Elena no mosteiro de Pkrovskij, en Suzdal’ (1698). Abandonou a vida monástica co propósito de casar co seu amante Stepan Glevob, pero Pedro I mandouna prender e encarcerar na fortaleza de Schlusselburg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo grego procedente de Eudoxía (ε ὐ δοξία) ‘boa opinión, reputación, boa sona, célebre’, a través do latín Eudoxia. Presenta o hipocorístico Dosi. Santa Eudosia foi unha mártir bizantina en Heliópole (152), que espallou por Oriente o culto a santo Estevo. Este nome levárono tamén varias emperatrices do Imperio de Oriente, e nos países eslavos seguiuno empregando a realeza, como a muller de Pedro I o Grande. A súa festividade celébrase o 5 de setembro e o 2 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO