Eudosio/Eudosia
Eudosio/Eudosia
[ONOM]
Antropónimo grego procedente de Eudoxía (ε ὐ δοξία) ‘boa opinión, reputación, boa sona, célebre’, a través do latín Eudoxia. Presenta o hipocorístico Dosi. Santa Eudosia foi unha mártir bizantina en Heliópole (152), que espallou por Oriente o culto a santo Estevo. Este nome levárono tamén varias emperatrices do Imperio de Oriente, e nos países eslavos seguiuno empregando a realeza, como a muller de Pedro I o Grande. A súa festividade celébrase o 5 de setembro e o 2 de novembro.