eufausiáceo -a
(< lat científico Euphasia,xénero de animais)
-
adx
Relativo ou pertencente aos eufausiáceos.
-
s
m
[ANIMAL]
Crustáceo da orde dos eufausiáceos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Orde de crustáceos mariños que engloba sobre todo animais planctónicos -que teñen entre 10 e 30 mm de lonxitude-, aínda que tamén algunhas especies epipeláxicas e batipeláxicas -que acadan ata 150 mm-. As formas planctónicas, que constitúen a base do krill, son nadadoras e gregarias e empregan patas plumosas para filtrar pequenas algas, como diatomeas. Tamén teñen capacidade luminiscente relacionada posiblemente coa reprodución. Están presentes dende a superficie ata os 2.000 m de profundidade e acadan densidades de 20 kg por metro cúbico. Constitúen un elemento importante da cadea trófica e son a base da alimentación de moitos peixes, aves e baleas. Parte da flota de barcos xaponeses e polacos capturan estes crustáceos para a alimentación humana.