eufemismo

eufemismo

(

  1. s m [LING]

    Acto de suavizar a expresión dunha idea substituíndo a palabra ou expresión propia por outra máis agradable, máis puída. O eufemismo pode ter causas de tipo psicolóxico pero, sobre todo sociais. Posicións sociais diferentes, relixiosas ou ideolóxicas, levan a actitudes emocionais que se manifestan en determinadas palabras (ebrio por borracho). Tamén se pode empregar por respecto a quen se fala (orinar por mexar) ou por necesidade de atenuar algo (invidente por cego). OBS: Oponse ao termo disfemismo.

  2. s m

    Palabra ou expresión usada por eufemismo.