"Eustaquio" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
GALICIA
Escritor. Foi membro fundador da Academia Literaria de Santiago de Compostela e colaborou na prensa galega da época como La Aurora de Galicia e El Idólatra de Galicia. Publicou, entre outras obras: El sensualismo considerado en sus relaciones ideológicas, morales y políticas (1842), Observaciones sobre el drama titulado “Fernán Pérez Curruchao y el arzobispo Don Suero” (1842) e Observaciones sobre la doctrina de Macarel relativa a la libertad de cultos (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín tardío Eustachius, testemuñado só na época cristiá, tirado do grego posclásico Eustachios, variante de Éustachys, nome masculino grego que corresponde ao adxectivo ε ὐ στάχυς, composto de ε ὖ ‘ben, bo’ e στάχυς ‘espiga’; xa que logo, ‘que dá boas espigas’, ‘fecundo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Roma s II) Mártir cristián. Nun principio foi un xeneral romano, baixo Vespasiano e Tito, que loitou activamente contra os xudeus. Afeccionado á caza, conta a lenda que un día, perseguindo un cervo, viu que o animal lucía unha cruz entre a corna, e unha voz sobrenatural incitouno á conversión, polo que decidiu bautizarse xunto coa súa familia. De contado sucedéronlle unha serie de desgracias, quedou sen facenda e tivo que emigrar. Cando o Imperio entrou en crise, o Emperador Adriano fíxoo volver e seica obtivo grandes vitorias militares; pero, por terse negado a facer sacrificios ante os deuses, condenouno ao martirio. Comparte en Galicia o padroado dos cazadores con san Humberto e san Xián. Na iconografía viste a clámide dos militares romanos e leva como atributos persoais, un cervo cunha cruz entre a corna -ou só a cabeza ou a cornamenta do cervo-, amais dunha espada ou outros instrumentos de caza. A súa festividade celebrábase o 20 de setembro pero a reforma litúrxica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trompa de Eustachi
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e tenente de navío. Enxeñeiro da Real Armada, foi o autor da remodelación da torre de Hércules (1791). Traballou tamén en proxectos urbanísticos no vicerreinado de Río da Prata.
VER O DETALLE DO TERMO