"Everest" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
MONTES
Monte da cordilleira do Himalaia que constitúe o cumio máis elevado da Terra, con 8.848 m de altitude. En 1847, o enxeñeiro británico George Everest observou a montaña e estimou a súa altitude en 9.000 m, pero non puido elaborar os cálculos precisos para determinar a súa altitude exacta. O seu substituto, Andrew Waugh completou as correccións e ditaminou a súa altitude en 8.840 m, o que acreditou a súa condición de teito do planeta. Waugh propuxo que o cumio recibise o nome do seu predecesor e a Royal Geographical Society aceptouno en 1865. A primeira ascensión ao Everest puido ser a do británico George Mallory en 1924, pero o alpinista e o seu acompañante desapareceron, polo que non se pode asegurar que chegaran ao cume. Os primeiros en coroar con éxito a expedición foron o neocelandés Edmund Hillary e o sherpa Tenzing Norgay, en 1953. O primeiro alpinista galego en chegar ao cumio do Everest foi o porriñés Xesús Martínez Novas, que o acadou en 1996. A viguesa Chus Lago, que o intentara...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en León arredor de 1960. Conta con máis de 4.000 títulos publicados e está formada por 16 empresas do mundo do libro: Aizkorri, Edicións Cadí, Ediciones Gaviota, Editorial Everest, E. Everest Andalucía, Everdidac Internacional e E. Everest Galicia, con sede na Coruña. A súa liña de traballo está orientada fundamentalmente á literatura infantil e xuvenil e ao material educativo. En lingua galega, as súas coleccións divídense en: “Montaña Encantada”, “Punto de Encontro”, “O meu mundo Disney”, “O Neno, a Nena e o Bau”, “Libros de texto” e “Material educativo”.