Espada do Rei Artur que, segundo a Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth, fora forxada na illa de Avalón. A súa natureza sobrenatural (fora fabricada nun lugar feérico) foi recollida nos textos artúricos posteriores; así, o ciclo en prosa da Post-Vulgata (1220-1240), explica que a espada ía acompañada dunha vaíña que protexía da morte o seu dono; deste xeito, asóciase a outras armas sobrenaturais, vinculadas ao elemento acuático. Como corresponde á simboloxía das espadas, vincúlase tamén á enerxía viril e vital do seu posuidor, Artur, de xeito que a arma está presente no momento da súa ascensión ao trono e na súa morte. O Merlin en prosa atribuído a Robert de Boron (1200?) conta como Artur -daquela un rapaz de pai descoñecido, que servía como escudeiro ás ordes dun cabaleiro- arrincou a arma dunha zafra que, marabillosamente, aparecera no medio da praza de Carlion o día de Nadal. Os nobres consideraron tal prodixio como un sinal do ceo e proclamárono rei. Malia a fortuna que...
Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1981. Foi dirixida por John Boorman e interpretada por Nigel Terry, Nicol Williamson, Nicholas Clay, Helen Mirren e Cherie Lunghi. A simboloxía da espada, como principio vital e como elemento telúrico vinculado á soberanía da terra e do reino artúrico, foi o motivo central desta versión cinemátográfica da lenda do Rei Artur e a Táboa Redonda. Destaca polo seu tono onírico, ao que contribúen as paisaxes irlandesas, a coidada ambientación e a música do Carmina Burana, de Carl Orff.