"Exidio" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Antropónimo procedente do grego A ἰ γίδιος, correspondente a α ἰ γίδιον ‘cabritiño’, a través do latín Aegidius. Esta forma culta conviviu en Galicia coa patrimonial ou coloquial Xil. Entre os santos que levan este nome cómpre destacar a un abade ateniense do mosteiro de Arles, na Provenza (s VIII), e a un dominicano de Santarém. A súa festividade celébrase o 1 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo escolástico. Coñecido como Exidio Colonna e Gil de Roma, foi membro da orde dos eremitas de santo Agostiño. Alumno de san Tomé de Aquino en París (1269-1272), foi profesor na Universidade da Sorbonne (1285-1295). Foi preceptor de Filipe IV de Francia e vigairo xeral dos agostiños (1292-1259) antes do seu nomeamento como bispo de Bourges en 1296. Seguidor das ideas tomistas, distanciouse do seu mestre ao afirmar que a existencia de Deus é evidente por si mesma e a separación entre esencia e existencia. Das súas obras destacan De ecclesiastica potestate, De regimine principum e Egidii Romani in libros de physico auditu Aristotelis commentaria accuratissime emendata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. As súas primeiras obras foron composicións corais inspiradas en poetas galegos. En 1888 emigrou a Bos Aires, onde dirixiu o Orfeón Gallego. A súa obra musical pode clasificarse en: zarzuelas (La casa de los duendes, Rosiña de Belesar, Angustias del querer, España Nueva, etc); música incidental para teatro (Marola, de R. Suárez Picallo, Romance, prólogo a O Mariscal, de R. Cabanillas e A. Villar Ponte); baladas (Soedades, Terriña, Adiós ríos, adiós fontes, Sempre o mesmo, O crebanto, Saudades, etc), xénero con que acadou a popularidade; e coral (Queixas, Churrusqueira, De fiada, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO