Exidio
Exidio
[ONOM]
Antropónimo procedente do grego A ἰ γίδιος, correspondente a α ἰ γίδιον ‘cabritiño’, a través do latín Aegidius. Esta forma culta conviviu en Galicia coa patrimonial ou coloquial Xil. Entre os santos que levan este nome cómpre destacar a un abade ateniense do mosteiro de Arles, na Provenza (s VIII), e a un dominicano de Santarém. A súa festividade celébrase o 1 de setembro.