"Fabeiro" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Román.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, unha barra de sinople.
-
GALICIA
Historiador e escritor. Ingresou en 1934 nas Mocedades Galeguistas. En 1950 fundou en Noia a revista Tapal, que dirixiu ata que desapareceu en 1956. Colaborou, entre outras publicacións, en Compostellanum, Lar, Poesía española, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudios Gallegos e La Noche. Da súa produción destacan os artigos “Ordenanzas de la villa de Noya de 1589”, “Os cobrados de Noya”, “Una biblioteca noyesa de finales del siglo XVIII”, “La Santa Biblia y la filatelia”, “Matasellos religiosos de Galicia”, “O correr da pluma” e “Breves notas sobre Añón”. Como poeta publicou “Cachemare da saudade”,“Muros: Poemas da terra natal” e Follas de un arbre senlleiro (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro. Entre as obras que realizou destaca unha cruz de prata encargada para a igrexa de San Tomé de Sorribas (Rois, 1588). Atribúeselle unha cruz elaborada para San Martiño de Lesende (Lousame, 1607).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Realizou, entre outras obras, a Asunción da fachada de Santa María de Viceso (Brión, 1784); o retablo maior de Santa María de Ons (Brión, 1789); os altares do Cristo e da Virxe das Dores da igrexa de San Cosme de Outeiro (Outes, 1786); un retablo para a capela de San Roque en San Pedro da Ponte do Porto (Camariñas, 1792); a imaxe da Virxe do Carme e o relevo da Apoteose de San Gregorio Magno do retablo maior do Carme de Arriba en Santiago de Compostela (1800-1802); o grupo da Trindade e o Cristo crucificado de San Martiño de Noia (1802); e a imaxe de san Francisco no convento noiés.
VER O DETALLE DO TERMO