Fabeiro, Xoán Antonio

Fabeiro, Xoán Antonio

Escultor. Realizou, entre outras obras, a Asunción da fachada de Santa María de Viceso (Brión, 1784); o retablo maior de Santa María de Ons (Brión, 1789); os altares do Cristo e da Virxe das Dores da igrexa de San Cosme de Outeiro (Outes, 1786); un retablo para a capela de San Roque en San Pedro da Ponte do Porto (Camariñas, 1792); a imaxe da Virxe do Carme e o relevo da Apoteose de San Gregorio Magno do retablo maior do Carme de Arriba en Santiago de Compostela (1800-1802); o grupo da Trindade e o Cristo crucificado de San Martiño de Noia (1802); e a imaxe de san Francisco no convento noiés.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : XIX

  • Nacemento

    Lugar : Noia