"Fadrique" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • PERSOEIRO

    Sétimo marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano como sucesor do seu tío, o sexto marqués, García Álvarez de Toledo-Osorio y de Mendoza. Xeneral da Armada do Océano (1619), loitou contra Holanda. Apoderouse de San Salvador (1625) e San Cristovo (1630). O Conde-Duque de Olivares desterrouno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Lemos, Trastámara e Sarria, duque de Arjona e señor de Monforte, Villafranca del Bierzo, Ponferrada, Cacabelos, Chantada, Triacastela, Castro Caldelas, Cedeira e Viana do Bolo, fillo de Pedro Enríquez de Castro. Foi pertegueiro maior do arcebispado de Santiago por concesión de Xoán II de Castela en 1423. Desposuído dos seus títulos e terras (1429), foi prisioneiro do rei no castelo de Peñafiel. Outorgoulle cartas de doazón á súa irmá Beatriz Enríquez de Castro (?-1455), que casou en segundas nupcias con Pedro Álvarez Osorio, primeiro conde de Lemos hereditario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Benavente, fillo ilexítimo de Enrique II de Castela e Beatriz Ponce de León. Formou parte do consello de rexencia de Enrique III, pero pasou á oposición pola súa inimizade co arcebispo de Santiago e uniuse ao arcebispo de Toledo e ao gran mestre de Calatrava. En 1393 reconciliouse co rei, pero ao ano seguinte sublevouse novamente e foi encarcerado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Castela, fillo de Fernando III e Leonor de Suabia. Trasladouse en 1240 aos territorios de Suabia e despois participou xunto ao seu irmán Enrique o Senador e Conrado V no fallido intento de recuperar Sicilia. Trala súa volta a Castela, foi executado por orde de Afonso X o Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre castelán, fillo ilexítimo de Afonso XI e Leonor de Guzmán. Señor de Haro e mestre de Santiago, fundador da liñaxe dos Enríquez, participou en 1354 na rebelión da nobreza contra Pedro I o Cruel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre aragonés, fillo ilexítimo do rei de Sicilia Martiño I o Novo. Conde de Luna, educado xunto ao seu avó, o rei aragonés Martiño I o Humano, foi un dos candidatos no Compromiso de Caspe. Trala elección de Fernando de Castela, enfrontouse aos Trastámara polo que se expatriou en Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Industrial. Fundou en Vigo a Sociedade Anónima La Artística (1906). Membro da corporación municipal con Gregorio Espino en 1923, foi tenente de alcalde. Presidiu a Asociación Metalgráfica Española e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación (1930-1947). Foi conselleiro de FENOSA e do Banco de Vigo e, en 1938, membro do Consejo Nacional de Crédito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Dirixiu, entre outras obras, a decoración das salas do pazo do arcebispo Alonso III de Fonseca, que realizou Francisco López (1520), e proxectou a reforma da fachada do Obradoiro da catedral compostelá que realizou M. de Blas (1520). Atribúenselle as táboas do Lavatorio e da Oración na horta da capela de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na serra de La Sagra e delimitado ao N polas comunidades de Castela-A Mancha e Murcia (2.549 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría e nas industrias alimentarias como a elaboración de fariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Toledo, Castela-A Mancha, ao L da lagoa de El Salobral (4.065 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO