Rheingau
Rheingau
Rexión de Alemaña, situada no land de Hessen, que se estende entre o estremo suroccidental do Taunus e o val do Rin. Comprende un sector montañoso que pertence ao macizo xistoso Renano, onde se dá a gandaría e a policultura, e a estreita beira dereita do val do Rin ao O de Maguncia, rica zona que produce destacados viños.