"Fajardo" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico. Fundou en Madrid o diario El Pensador (1762-1767), en defensa das ideas enciclopedistas, e iniciou a campaña de ataque coa que conseguiu a prohibición dos autos sacramentais (1765). Traduciu a obra Histoire Naturelle (Historia natural), de Buffon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe descendente do Rei Froila I e do seu fillo, o conde Román. Estableceuse orixinariamente en Ortigueira e desde alí desprazouse a outros lugares de Galicia e Castela. As súas armas levan, en campo de ouro (ou prata), tres rochas da súa cor, postas en faixa, sobre ondas de azul e prata, acompañadas de cadansúa póla de ortigas, de sete follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eduardo Martínez Fajardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Fixo dúas expedicións de Cumaná ao río Chuspa (1555-1557) e fundou Rosario e o poboado que posteriormente deu orixe a Caracas (1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e militar. Nomeado xeneral dos galeóns da flota de Indias (1598) e capitán xeneral da Armada do Océano (1604), encargouse da expulsión dos mouriscos de Murcia, ao ser nomeado adiantado maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Comezou na interpretación como actor de dobraxe e debutou como actor secundario no filme Héroes del 95 (1946). Traballou en producións hispano-italianas das décadas de 1960 e 1970, para logo participar en filmes de terror do director Jess Franco, como La tumba de los muertos vivientes (1980) e Bangkok, cita con la muerte (1985). Tamén traballou nas series televisivas Los gozos y las sombras (1981) e Tristeza de amor (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Secretario do cardeal Gaspar de Borja e de Velasco, foi ministro en Baviera. Como historiador publicou a inacabada Corona gótica, castellana y austríaca (1648). Das súas obras destacan Empresas políticas o Idea de un príncipe político-cristiano representada en cien empresas (1640) e La República literaria (1655), tratado de crítica en forma de soño alegórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Produtor e guionista. Traballou na produtora de Cesáreo González, Suevia Films, como auxiliar de dirección, conselleiro literario de guións, director xeral de produción e no departamento de publicidade. En 1969 fundou Argumento Films, coa que produciu Más allá del río Miño (1969) e Tres suecas para Rodríguez (1975). Ademais, traballou na escrita de guións como Los felices divorciados, Mi hija, su amante y yo e Un millonario ligón.

    VER O DETALLE DO TERMO