Liber Abacci

Liber Abacci
[MAT]

Libro publicado polo matemático italiano L. Fibonacci (1202) en que introduce o sistema de numeración árabe, ata entón ignorada en Europa, e pon fin á numeración romana. Ademais, resolve moitos problemas de análise indeterminada, e outros relacionados co comercio, e expón a sucesión que leva o seu nome. Esta obra deu un importante pulo ao desenvolvemento da álxebra e, en xeral, das matemáticas.