"Falco" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 23.
-
PERSOEIRO
Naturalista. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu a docencia en Vilagarcía. Interesouse pola física, para a que inventou algúns aparellos, pola química e pola historia natural. Publicou a obra Los misterios de la Naturaleza. Investigaciones sobre el microplakton de la Ría de Arosa (1903) e unha monografía sobre a remolacha.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Túmulo revestido de panos negros que se utiliza para colocar os cadaleitos en funerais solemnes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apropiación ilexítima de cartos ou bens que ten unha persoa baixo a súa custodia ou administración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos falcónidos, integrado por 38 especies, e que reciben as denominacións populares de esmerillóns, falcóns e lagarteiros.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Cambre, situada no concello de Malpica de Bergantiños.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do litoral sudoccidental da parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, situada fronte ao Cabo Falcoeiro, que constitúe o extremo SO da península do Barbanza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa encargada da cría e adestramento dos falcóns de caza.
-
-
Caza con falcóns ou outras aves de presa.
-
Arte e técnica de criar e adestrar falcóns e outras aves de presa para a caza.
-
-
-
-
Ave de rapina do xénero Falco, da familia dos falcónidos, caracterizada por presentar a cabeza relativamente grande -co peteiro curto e ganchudo, co bordo da mandíbula superior dentado e, as máis das especies, cunha mancha escura como unha bágoa na parte inferior dos ollos-, a cola relativamente longa, as poutas fortes e as alas agudas. Son excelentes voadores de gran fortaleza e axilidade. As femias son xeralmente máis grandes cós machos. Aniñan en cantís, edificios, árbores, e algunhas especies incluso no chan. Poñen entre dous e cinco ovos que son case redondos e punteados. As crías tardan un tempo, dende que abandonan o niño, en ser independentes. Son de distribución cosmopolita e só están ausentes dos polos e das zonas máis áridas dos desertos. A súa captura na cetrería, así como os pesticidas, ocasionaron unha grave redución das súas poboacións.
-
falcón albar [cast: halcón gerifalte; ingl: gyrfalcon] [Falco rusticolus, Fam dos falcónidos]
Ave de entre 51 e 58 cm de lonxitude, de coloración branca ou cinsenta, con moutas negras e coa base das alas máis anchas ca outros falcóns. Aliméntase principalmente de aves mariñas. Distribuído polo N da rexión holoártica, habita preferentemente en cantís mariños. En Europa cría en Islandia, na Península Escandinava e no N de Rusia. En Galicia é unha ave accidental.
-
falcón bérber [cast: halcón de Berbería, halcón de tagarote; ingl: Barbary Kestrel] [Falco pelegrinoides, Fam dos falcónidos]
Ave de entre 34 e 45 cm de lonxitude e cunha envergadura de 90 cm. É semellante, aínda que máis clara, ao falcón peregrino.Vive no N de África, dende as illas Canarias ata o Medio Oriente.
-
falcón de Leonor [cast: halcón de Eleonor; ingl: Eleonora’s Falcon] [Falco eleonorae, Fam dos falcónidos]
Ave de 38 cm de lonxitude que pode presentar a plumaxe escura -de cor castaña e escura uniforme- ou clara -coas partes superiores castañas escuras, queixo e pescozo claro e peito ocre moi raiado de negro-. Os dous sexos son semellantes. Aliméntanse de insectos cazados en voo e de pequenas aves, especialmente durante a época de cría, que coincide coa migración dos paxaros. Habita en illas e illotes do Mar Mediterráneo e na costa do N de África. Cría de xeito solitario ou formando colonias de entre media ducia e 100 parellas en cantís costeiros. Pasa o inverno en Madagascar.
-
falcón pequeno [cast: alcotán; ingl: Eurasian Hobby] [Falco subbuteo, Fam dos falcónidos]
Ave de entre 30 e 35 cm de lonxitude e de 70 a 85 cm de envergadura, de dorso gris escuro, peito e gorxa brancas, as partes inferiores listadas de negro e os zancos vermellos. Respecto a outros falcóns presenta as alas máis longas e a cola máis curta. Aliméntase principalmente de grandes insectos voadores como as libélulas e pequenas aves. Son tamén capaces de capturar as andoriñas e os cirrios. Habita espacios abertos con poucas árbores, especialmente preto de masas de auga, e cría en árbores a grande altura, en niños abandonados de córvidos. Distribuído polo Paleártico, inverna na África tropical.
-
falcón peregrino [port: falcão-real; cast: halcón peregrino; ingl: Peregrine Falcon] [Falco peregrinus, Fam dos falcónidos]
Ave duns 38 cm, no caso do macho, e 48 cm a femia, e cunha envergadura de entre 80 e 115 cm, de corpo forte e coa base das alas bastante ancha. Presenta as partes superiores cinsentas azuladas e as inferiores brancas con puntos escuros. Cando realiza voos en picado, para atacar dende arriba as presas, acada os 200 km/hora. A parella pode cazar de xeito combinado: o macho espanta as aves pousadas -que constitúen basicamente a súa dieta-, e a femia, que é máis forte, captúraas en voo. Aniña en cantís ou en niños abandonados de grandes aves. Está presente en todos os continentes, agás na Antártida, e en numerosas illas. En Galicia é unha especie escasa.
-
-
Pequena peza de artillería de calibre variable e similar ao falconete.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Venezuela, situado entre o golfo de Venezuela, ao O, e Punta Tucacas, ao L (24.800 km2; 684.062 h [estim 1995]). A capital é Coro. A principal fonte de riqueza do estado é o refinado de petróleo, cunha produción que supón o 67% do total do país. Arredor das refinerías sitúanse importantes industrias especializadas na elaboración de derivados do petróleo. Outros recursos son a cría de gando caprino, bovino e o cultivo de millo, plátanos e cacao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe emparentada cos Falcão portugueses, que se estableceu en Castrelos e, posteriormente, en Quintela e Cedeira (Redondela), Pontellas (O Porriño), Parderrubias (A Merca), Ribarteme (As Neves) e Pontevedra. As súas armas levan, en campo de ouro, un castelo, dunha soa torre, e sobre esta, un falcón, de sable, coas alas estendidas, en actitude de picar a outro falcón, da mesma cor, deitado aos seus pés; na porta do castelo, tres bordóns de prata entrelazados, dous en aspa e o outro perpendicular; bordo de azul con oito monllos, con cadanseus tres bordóns, de prata, e cadansúa coroa, tamén de prata, colocados dous en xefe, dous en punta e dous en cada flanco. Algunha variante trae, en campo de prata, un falcón, de sable, picado e membrado de ouro, voando coa cabeza cara ao cantón destro da punta, e coa cola cara ao cantón sinistro do xefe, en situación de barra; bordo componado de sable e prata. Algúns presentan, en campo de azul, unha panela de goles, perfilada e salpicada de ouro, e un...
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritora. Licenciada en Ciencias da Información na Universitat Autonoma de Barcelona e doutorada en Dereito da Información na Universidad Complutense de Madrid. Colaborou en Antena 3 Radio, nos informativos da fin de semana de Onda Madrid, no apartado cultural de Telemadrid Radio e en RTVE. Exerceu tamén como profesora de historia do xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Escribiu El Imperio Rosa. Poder e influencia de la prensa del corazón (1998), Innovación en lo informativo y sus produtos e Fraga y Galicia (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogada e política. Licenciada en Arte Dramática polo Institut del Teatre de Barcelona (1959) e en Dereito (1960) e Periodismo (1961) pola Universitat de Barcelona, doutorouse en Filosofía pola Universidad Autónoma de Madrid (1991). Militante do PSUC, en 1976 creou o Colectivo Feminista de Barcelona, a revista Vindicación Feminista e a editorial Ediciones del Feminismo. Fundou a Organización Feminista Revolucionaria (1977), promotora da constitución do Partido Feminista de España, e a Confederación de Organizaciones Feministas (1996), cun proxecto europeo. Directora da revista Poder y Libertad (1979), é autora da novela Camino sin retorno (1992), e de numerosas obras de temática social e feminina, como Los que siempre ganan (1970), En el infierno. Ser mujer en las cárceles españolas (1977), Parid, parid, malditas (1986), Tres idiotas españolas (1987), Mujer y poder político (1992), Trabajadores del mundo, rendíos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Foi nomeado secretario da Xunta de Vigo e alcalde da cidade (1812). Trasladouse a Madrid e a Santiago de Compostela, cidades onde o detiveron, acusado de participar en conspiracións liberais. En 1820 foi nomeado xuíz de Sar (distrito de Santiago). En 1823 fuxiu a Inglaterra e, dez anos despois, foi restaurado no corpo xudicial e exerceu como maxistrado da Audiencia de Cáceres e na Audiencia Territorial de Madrid. Como político liberal representou a Pontevedra como deputado (1836-1837) e como senador (1841-1842).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político venezolano. Membro do partido liberal, dirixiu xunto a Ezequiel Zamora a Revolución Federal (1859-1863), trala que foi elixido presidente provisional da República (1863). Ratificado en 1864, promulgou a Constitución federal, que dividiu o país en vinte estados. Foi derrocado en 1868 e expulsado do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. As súas obras amosan unha afinidade estilística co caravaggismo. Foi o primeiro especialista en escenas bélicas, entre as que destaca Batalla de romanos, e introduciu en Nápoles as bambochadas. Cultivou tamén a pintura relixiosa e realizou frescos no Gesú Nuovo de Nápoles entre outras igrexas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo de J. B. Lemoyne, as súas obras amosan a graza do rococó e achéganse ao clasicismo. Protexido por Madame Pompadour, foi director da manufactura de Sèvres (1758-1866) onde fixo modelos para esculturas en biscoito, das que destaca Pygmalion et Galatée (Pigmalión e Galatea, 1763). Chamado pola Tsarina Catarina II, trasladouse a San Petersburgo (1766-1779) onde realizou a estatua ecuestre de bronce de Pedro o Grande. Colaborou na Encyclopédie e escribiu, entre outras obras teóricas, Reflexions sur la sculpture (Reflexións sobre a escultura, 1761).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena peza de artillería que se empregou dende o s XV nos bordos das naves de guerra. Repousaba sobre unha forquita cos brazos articulados que permitían basculala e cargala pola recámara. Na parte posterior da recámara saía unha barra de ferro colocada no sentido do eixe do canón que servía para dispoñer a peza no ángulo de tiro desexado. O seu calibre variaba entre 39 e 70 mm. Os exércitos de Carlos I empregárona como artillería de campaña.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e pintor. Inspirouse nos estilos monumentais romanos e introduciu no Veneto a arquitectura cincocentista de Roma. En Padua fixo as portas de San Giovanni (1528) e de Savorarola (1530), o arco do Orologio (1532), o Odeón e a loxa do palacio Cornaro. Nas obras pitóricas amosou o seu coñecemento da Antigüidade. Entre outras destaca Sibilla che svela ad Augusto il mistero dell’Incarnazione.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertence aos falcónidos.
-
Ave da familia dos falcónidos.
-
Familia de aves á que pertence o xénero Falco.
-