Falconetto, Giovanni Maria

Falconetto, Giovanni Maria

Arquitecto e pintor. Inspirouse nos estilos monumentais romanos e introduciu no Veneto a arquitectura cincocentista de Roma. En Padua fixo as portas de San Giovanni (1528) e de Savorarola (1530), o arco do Orologio (1532), o Odeón e a loxa do palacio Cornaro. Nas obras pitóricas amosou o seu coñecemento da Antigüidade. Entre outras destaca Sibilla che svela ad Augusto il mistero dell’Incarnazione.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Verona

  • Deceso

    Lugar : Padua