"Fandiño" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • GALICIA

    Actriz. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, comezou a facer teatro no ano 1982 no grupo Ancoradouro. Posteriormente traballou na Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela e en compañías profesionais como Teatro do Aquí, Uvegá Teatro, Centro Dramático Galego e Os Quinquilláns. Entre outros espectáculos, participou en Zocos (1998) e A señorita Xulia (2000), de Uvegá Teatro, e Xelmírez ou a groria de Compostela (1999) e Don Xoán (2000), do Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘burro’ e ‘torpe’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas un escudo cortado medio partido: primeiro, en campo de prata, unha torre de pedra, aclarada de sable, arrimada dunha espada, da súa cor, no flanco destro, coa punta achegada á porta da torre, e a súa empuñadura, ao cantón destro do xefe; segundo, en campo de prata, catro faixas ondeadas de azul; terceiro, en campo de prata, seis roeis de azul, postos en dous paos (armas dos Castro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador de televisión. Profesor de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidade de Vigo, xefe de realización e edición de informativos e deportes da TVG e coordinador do departamento creativo de deseño gráfico da TVG. Licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela (1995) e doutorouse en Comunicación Audiovisual na Universidad Complutense de Madrid (2000). Ademais da realización de diferentes eventos electorais, informativos, musicais e deportivos, encargouse da produción publicitaria da TVG, da Radio Galega, do grupo R, e da firma de moda Roberto Verino. Galardoado cos premios Op-Art ao mellor programa da TVG por A tumba aberta (1987); TP ao mellor programa musical por A toda máquina (1988); e Agapi á mellor produción de televisión por Chambo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Realizou o pintado e dourado do baldaquino do altar maior do mosteiro de Santa María de Oseira (1690).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. De ideoloxía liberal, foi o único redactor do bisemanario El Heráclito Español y Demócrito Gallego, que saíu á rúa o 21 de abril de 1820, e colaborou na Gaceta Marcial y Política e no Diario Cívico-Patriótico. Cun estilo satírico e directo, nos seus escritos arremeteu contra a Igrexa, xuíces e institucións políticas. Da súa produción destaca a peza teatral A casamenteira (1849) e as tres composicións incluídas baixo o título Villancico que en la Nochebuena del año 1812 cantaron los presos de la cárcel pública de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e militante anarcosindicalista. Secretario dunha Federación Local de Sindicatos (CNT) en Santiago o 18 de xullo de 1936, artellou a resistencia dos obreiros coruñeses. Trala derrota, fuxiu dende Muros cara a Francia e dende alí retornou á zona republicana e converteuse no artífice da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios, radicada en València. Estivo exiliado en Francia e nos anos sesenta defendeu na Coruña a volta da CNT, sindicato no que militou ata a súa morte nos anos noventa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tipógrafo e militante anarcosindicalista. No ano 1946 formou parte do Comité da CRG na clandestinidade; detido trala desarticulación do comité en 1947 pasou varios anos na cadea. Liberado a comezos dos anos 50, morreu pouco despois a causa dos malos tratos sufridos na prisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e militante anarcosindicalista. Foi un dos responsables, xunto con Ezequiel Rey, da masiva afiliación a partir de 1919 das sociedades de oficio santiaguesas á CNT e da conformación da Federación Local de Sindicatos. Asumiu a secretaría da CRG-CNT entre 1925 e 1930. Durante a Segunda República foi secretario liberado pola Federación Regional de Industria Pesquera, domiciliada en Vigo, cargo que exerceu durante todo período. Agochado no seu domicilio compostelán entre 1936 e 1945, retornou á militancia cenetista e, un ano máis tarde, volveu aceptar o cargo de secretario da CRG. Detido en 1947, pasou cinco anos na cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Redactor e director da Gran Enciclopedia Gallega, desenvolve o seu labor profesional no eido cultural e editorial no Instituto Galego de Información do grupo Sargadelos. Colaborou na Radio Galega e elaborou guións para televisión: Ayer, emitida por TVE-2; Gallaecia Fulget, para a TVG; e Memoria con figuras. Como tradutor, realizou a versión castelá das novelas Os prisioneiros e Lucía Mc Cartney, de Rubem Fonseca, e a adaptación ao galego dos libros A catedral de Santiago e o Barroco, O patrimonio histórico da Universidade e Historia de Santiago de Compostela. Acadou o Premio de Xornalismo V Centenario da Universidade de Santiago polo seu programa radiofónico Galicia Universitaria, realizado entre 1994 e 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de cantería. Traballou, entre outras obras, na restauración dos claustros da catedral de Mondoñedo (1620) e na reforma da capela maior da igrexa de Santa Marta de Ortigueira (1621).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Realizou un lenzo co tema da Adoración dos Reis para o refectorio do mosteiro de San Martiño Pinario (1671).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista e xornalista. Coñecido co alcume de Alejandro Silvetti, emigrou a Arxentina en 1905, onde traballou en Bos Aires como zapateiro especializado en alpargatas e foi representante do gremio na Federación de Obreros del Calzado. Tralo atentado contra o xefe de policía bonaerense (1909), foi deportado a España, trasladándose posteriormente ao Brasil. En São Paulo colaborou no xornal anarquista La Bataglia. En 1911 trasladouse a Montevideo, onde fundou o Sindicato de Obreros Ebanistas y Anexos e axudou a crear a Federación de Trabajadores de la Madera, ademais de colaborar no seu xornal Aurora. Foi secretario xeral do Consejo Federal de la Federación Regional Uruguaya, e colaborador do seu xornal Solidaridad, así como doutras publicacións como Crónicas Subversivas e El Anarquista. Desde 1915 residiu en Rio de Janeiro, Montevideo e Bos Aires e colaborou nos xornais Na Barricada e La Protesta e participou na fundación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista visual. Licenciado en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudios de belas artes na Universidade de Vigo. Participou, entre outros, no Obradoiro C. Boltanski (CGAC). Desde 1995 realizou exposicións en distintas cidades de Galicia, tanto individuais como colectivas, como Proxecto Europeo Cultura, Paisaje Litoral (Pontevedra, 1998); In Córpore Sano. 75 anos de arte e deporte en Galicia (Vigo, 1998), coa obra Xogo imposible; e Arco 2002 coa performance rotulada en relevo tonto el que lo lea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Realizou estudos de Veterinaria, Dereito e Maxisterio. Exerceu a docencia en diversas escolas e colaborou en diversos periódicos, ademais de estar vinculado á vida cultural galega do seu tempo. Rexeitou un ensino sumido na rutina e en locais incorrectamente acondicionados e avogou polo traballo manual como técnica pedagóxica. Da súa produción destacan La escuela primaria es libre. La escuela oficial obligatoria atenta a un derecho inalienable y a un deber sagrado del padre de familia, Santiago y Padrón e El trabajo manual educativo: Medios para implantarlo de un modo eficaz en las escuelas de primera enseñanza (1907), ademais dalgunhas composicións poéticas como o romance “O mayo” ou poema relixioso “A cruz de mayo” (1932). Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Recibiu a Medalla de Afonso XII.

    VER O DETALLE DO TERMO