Fandiño, Serafín Manuel

Fandiño, Serafín Manuel

Sindicalista e xornalista. Coñecido co alcume de Alejandro Silvetti, emigrou a Arxentina en 1905, onde traballou en Bos Aires como zapateiro especializado en alpargatas e foi representante do gremio na Federación de Obreros del Calzado. Tralo atentado contra o xefe de policía bonaerense (1909), foi deportado a España, trasladándose posteriormente ao Brasil. En São Paulo colaborou no xornal anarquista La Bataglia. En 1911 trasladouse a Montevideo, onde fundou o Sindicato de Obreros Ebanistas y Anexos e axudou a crear a Federación de Trabajadores de la Madera, ademais de colaborar no seu xornal Aurora. Foi secretario xeral do Consejo Federal de la Federación Regional Uruguaya, e colaborador do seu xornal Solidaridad, así como doutras publicacións como Crónicas Subversivas e El Anarquista. Desde 1915 residiu en Rio de Janeiro, Montevideo e Bos Aires e colaborou nos xornais Na Barricada e La Protesta e participou na fundación de Bandera Roja. Elixírono secretario xeral da Unión Sindical Argentina en 1922 e 1924. Tomou parte na creación da Confederación General del Trabajo, e en 1935 integrou a delegación participante na XIX Conferencia da Organización Internacional do Traballo, realizada en Xenebra.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Laxe

  • Deceso

    Lugar : Bos Aires