"Farsalia" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico-histórico latino, en hexámetros, de Marco Anneo Lucano. De grande elaboración retórica, describe a guerra civil entre César e Pompeio. Componse de 10 libros, pero parece que Lucano pensaba escribir outros dous máis e finalizar o poema coa morte de César. Pénsase que foi composto en dous períodos distintos: os 3 primeiros libros, centrados nos comezos da guerra civil (dun xeito relativamente favorable a César), serían escritos antes do seu enfrontamento con Nerón, e os 7 restantes, de tendencia republicana, publicaríanse postumamente. O título orixinario da obra era Belli civilis libri decem, pero con posterioridade recibiu o nome de Pharsalia (‘Grecia’), cidade onde tivo lugar a batalla en que César venceu o seu inimigo. É unha obra anticlásica e innovadora (vinculada ao movemento estoico), xa que desde o comezo intenta renovar a épica e impor un novo estilo rompendo coas convencións do xénero que estaban fixadas desde Homero e Virxilio. Tense debatido se o...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate entre Xulio César e Cneo Pompeio durante a Guerra Civil que tivo lugar o 9 de agosto do 48 a C en Tesalia. As tropas de Pompeio, compostas por 11 lexións e un corpo de cabalería formado por 7.000 xinetes, foron derrotados polas oito lexións de veteranos que dirixía César apoiadas por un corpo de cabalería de 1.000 xinetes.