"Fedra" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Pintora. Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid (1996). A súa obra caracterízase por unha ollada permanente cara ao mar, empregando diversas técnicas e materiais. Entre as súas exposicións destacan as colectivas na Sala Caixavigo (Vigo,1993) e Sala de Exposicións da Facultade de Belas Artes (Madrid, 1995) e a individual Naufraxios (Puerto de La Cruz,1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás efedráceas.

    2. Planta da familia das efedráceas.

    3. Familia, da clase das gnetópsidas, integrada polo xénero único Ephedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe grega derivado de ϕ αίδιμος   ‘fermoso, brillante, ilustre’ e este de ϕ αίνω ‘alumear, brillar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroína grega, filla do Rei Minos e Pasífae, irmá de Ariadna. Seu irmán Deucalión, rei de Creta, deulla en matrimonio a Teseo, rei de Atenas, co fin de solucionar as diferencias entre ambos os dous reinos, aínda que Teseo xa estaba casado coa amazona Antíope (Melanipa ou Hipólita). Con el tivo dous fillos, Acamante e Demofonte; pero non tardou en namorarse profundamente de Hipólito, o outro fillo que Teseo tivera coa súa primeira esposa. O fermoso e casto mozo rexeitouna, pero ela temendo que a delatase e perder a súa honra, acusouno de tentala violar. Teseo, sen indagar a veracidade da acusación, pediulle a seu pai Posidón que lle dera morte a Hipólito; así, morre arrastrado polos seus cabalos. Finalmente, Fedra, arrepentida e avergoñada, esgánase. O mito de Fedra inspirou traxedias de Sófocles e Eurípides; este último escribiu dúas versións, da que se conserva unha e é a fonte máis coñecida para o mito, Hipólito (428 a C). Neste drama a heroína aparece como unha muller sensible,...

    VER O DETALLE DO TERMO