"Ferrín" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, dúas torres de ouro, superadas de cadansúa fouce de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de percusión formado por un triángulo metálico que soa ao golpealo cunha variña igualmente metálica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Ourense 7.9.1938) Escritor e profesor. Doutor en Filoloxía e catedrático de Literatura Galega de Ensino Medio, colaborou en diversas iniciativas políticas e culturais da sociedade galega, como o grupo Brais Pinto, creado en 1957 en Madrid, ou as Redes Escarlata, establecidas en 2001. Participou na fundación da UPG e avanzou nun activismo político marxista que lle levou tamén a intervir na formación da ANPG, a UPG liña proletaria, o PGP e Galicia Ceibe. Fundador e director da revista A Trabe de Ouro, colaborou xa desde moi novo en diversas publicacións periódicas, como Alba, Faro de Vigo, Litoral, La Noche, La Trinchera e Vieiros. Moitas das súas composicións poéticas, narracións e artigos xornalísticos foron asinados cos heterónimos de Heriberto Bens, Laín Feixóo ou Dosinda Areses. O conxunto da súa obra, practicamente marcada pola súa ideoloxía e o seu activismo político, abrangue unha multiplicidade de temas, espacios e circunstancias dunha enorme riqueza literaria...
-
GALICIA
Político. Concelleiro en 1931 polo Partido Republicano Radical Socialista, foi designado alcalde o 28 de decembro de 1933 e deposto despois dos sucesos de outubro de 1934. Recuperou a alcaldía tras as eleccións de febreiro de 1936. Detido o 21 de xullo de 1936, foi condenado a morte e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Globulina do soro sanguíneo de peso molecular 90.000, que ten como función captar o ferro, acumulalo e transportalo, constituíndo así a principal proteína fixadora de ferro circulante.