"Ferrara" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, na Emilia-Romgna, Italia (131.999 h [2000]). Situada á beira do río Po, é o centro comercial dunha rica comarca agrícola e un activo centro de ensino superior, grazas á Università degli Studi, creada en 1391. Fundada na Idade Media, pasou a depender do papado a finais do s VIII. Infeudada polos papas aos marqueses de Canossa (988), acadou a independencia comunal ao comezo do s XII e desde 1240 pasou a estar gobernada pola liñaxe dos Este. Alcanzou o seu máximo esplendor a finais do s XV e principios do s XVI, época na que se converteu nun importante centro cultural. Entre 1598 e 1796 o ducado volveu estar gobernado por legados pontificios, e desde 1769 converteuse no refuxio dos xesuítas expulsados de España por Carlos III, feito que a volveu converter nun importante núcleo cultural. Ocupada polos austríacos (1847-1859), incorporouse ao Reino de Italia en 1860. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral con fachada románico-gótica e a igrexa de San Francesco...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da rexión da Emilia-Romagna, Italia (2.632 km2; 348.005 h [2000]). A súa capital é Ferrara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de pintura que se desenvolveu en Ferrara a mediados do s XV. Foi obra de artistas non ferrareses, entre outros, P. della Francesca, A. Pisanello, A. Mantegna e R. van der Weyden, baixo a dirección de Cosmè Tura. Realizaron unha síntese do historicismo formal italiano e da linealidade do gótico e do concepto cromático flamengo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo escolástico italiano. Comentarista de Aristóteles, foi coñecido por ser o restaurador da tradición tomista coa súa obra Comentario á Summa contra xentiles de Tomé de Aquino.

    VER O DETALLE DO TERMO