"Fidel" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • Himno relixioso propio do Nadal. Foille atribuído a J. F. Davoi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político cubano. Fillo dun emigrante galego acomodado, realizou estudios universitarios e doutorouse en Leis pola Universidad de La Habana. Militou en grupos revolucionarios desde moi novo e participou no fracasado asalto ao cuartel de Moncada en Santiago de Cuba no 1953. Adquiriu notoriedade pola súa defensa no xuízo posterior, que foi publicada co título La historia me absolverá. Condenado a 15 anos de prisión, recibiu a amnistía (1955) e exiliouse en México, onde fundou o Movimiento 26 de julio. Recibiu instrución do coronel español Alberto Bayo e preparou un novo intento de asalto ao réxime, para o que tentou crear unha guerrilla rural. De feito, un grupo de 82 revolucionarios desembarcou en Cuba o 2 de decembro de 1956 e, asentados en Sierra Maestra, iniciaron unha loita de guerrillas contra Batista, apoiados polos campesiños e polos estudiantes. En decembro do 1958 ocuparon Santiago de Cuba, entraron en La Habana o 1 de xaneiro de 1959 e provocaron a fuxida do ditador. Co...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘consenso dos fieis’, coa que se designa o criterio de veracidade relixiosa consistente en considerar definitivo aquilo que cre toda a comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe de lendas xermánicas que tentaba protexer os tesouros dos Harlungen da cobiza do Rei Ermanrich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director xeral de Radio Principal-Cadena SER en Monforte de Lemos e Vilalba, e de TV-7 Sur. Realizou estudios de arte dramática na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid e especializouse en xestión e dirección comercial de empresas na Universidade de Santiago de Compostela. En 1974 comezou a súa actividade radiofónica en Radio Madrid (SER) e en 1979 en Radio Lugo. A mediados dos anos oitenta desenvolveu a súa faceta televisiva no programa Telegalicia de TVE. Posteriormente presentou na TVG Arestora, Que foi de..., De viva voz, Galeguidade e Cousa-cousiña. Volveu a RNE-4 para dirixir e presentar Hoxe en día e en 1990, de novo na televisión, Mar a Mar en TVE Internacional. Recibiu o premio Tertulia de RNE ao mellor programa televisivo por Telegalicia (1987) e diferentes premios TP como mellor presentador (1988) e mellor programa (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín Fidelis, cognome nun principio que máis tarde se converteu nun nome independente. Corresponde ao adxectivo fidelis, fidele ‘fiel’ e, xa na época cristiá, ‘que cre en Deus’, ou mellor ‘que cre no verdadeiro Deus’ (o contrario é infiel). Entre os santos que levan este nome, cómpre salientar un bispo de Emérita, que tivo culto xa no s VII, e un capuchino de Sigmaringa (1577-1622).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e franciscano capuchino. Ingresou na orde en 1612 e chegou a superior nos conventos de Rheinfelden, Feldkirch e Freiburg im Breisgau. Durante a súa predicación na rexión dos Grisons morreu asasinado polos calvinistas. Foi canonizado no 1746. Na iconografía represéntase co hábito da orde dos capuchinos e leva, como atributos, palma, espada e maza con pinchos; ás veces tamén un libro aberto. A súa festividade celébrase o 24 de abril, agás en Vilagarcía, onde se celebra o domingo seguinte ao 25 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia carlista aparecida en Santiago de Compostela en 1887.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bimensual de dereito aparecida en Ourense arredor de 1960. Cesou a súa edición en 1979. Dirixida por Manuel González López, levaba por subtítulo “Órgano Nacional de los Funcionarios de Notarías”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Región. Ademais da información de carácter profesional, incluíu páxinas culturais e humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de fiel.

    2. Característica dun aparello electrónico relativa á súa capacidade de reproducir diferentes sinais sen introducir ningunha distorsión. É unha característica moi importante dos amplificadores; hainos de gran fidelidade, como os empregados para o son, que deron lugar á técnica da alta fidelidade.

      1. Calidade das estimacións estatísticas segundo sexa máis ou menos grande o acordo entre os valores obtidos ao longo dun conxunto de experiencias feitas en condicións determinadas, e que se expresa mediante o erro tipo.

      2. coeficiente de fidelidade

        Correlación entre os resultados de dúas utilizacións do mesmo test ou, máis xeralmente, entre os valores de dúas medicións sobre un mesmo obxecto. Foi proposto por Ch. E. Spearman.

      1. Grao de preferencia dun taxon por unha comunidade vexetal determinada.

      2. Presencia exclusiva dun taxon nunha comunidade vexetal.

    3. Lealdade que un consumidor ou usuario manifesta por un produto, marca ou servicio concreto.

    4. Xuramento relixioso que o vasalo lle facía ao señor. O señor feudal, co xuramento de fidelitas, asegurábase o cumprimento dos deberes dos seus vasalos, mentres que estes vían reforzada a súa condición de homes libres. Desde a Baixa Idade Media e por influencia do feudalismo francés, pasou a denominarse cerimonia de homenaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera en dous actos de L. van Beethoven, con texto de J. von Sonnleithner, baseado na obra de J. N. Bouilly Léonore ou l’amour conjugal. Estreouse en Viena en 1805, S. von Breuning realizou unha segunda versión en 1806 e G. F. Treitschke unha terceira en 1814.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nobres hispanovisigodos ligados ao rei por un vínculo privado de fidelidade. Prestaban servicios de armas e corte polo que eran recompensados polo monarca mediante a cesión de terras en propiedade ou beneficio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e epigrafista. Ingresou na Compañía de Xesús en 1850 e estudiou filosofía e teoloxía en Loyola, onde foi profesor (1853-1854). Exiliouse a Francia (1854-1856) e ao seu regreso exerceu como profesor en Carrión de los Condes. Estudiou teoloxía en León (1860-1863), ao tempo que se iniciaba no estudo da epigrafía romana. A expulsión dos xesuítas obrigouno a un novo exilio en Francia, onde se dedicou ao estudo da orde do Temple. En 1870 regresou a España. Centrou a súa investigación na historia eclesiástica, na epigrafía romana, hebrea e celtibera, e na compilación de documentos medievais. Foi o principal colaborador na Península Ibérica de E. Hübner na elaboración do Corpus Inscriptionum Latinarum. Colaborou, entre outras publicacións, en Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense, Museo español de Antigüedades e Boletín de la Real Academia de la Historia. Das súas obras destacan Epigrafía Romana de la ciudad de León (1866),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de infiel.

    2. Acción contraria á fidelidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comerciante e filántropo. Emigrou a Cuba, onde presidiu o Centro Galego de La Habana. Enviou material didáctico para as escolas de Ortigueira, apoiou a creación do periódico El Escolar, a investigación científica e literaria e o establecemento do monumento a Pastor Díaz en Viveiro. Regresou a España en 1898. Recibiu a cruz de cabaleiro da Orden de Isabel La Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO