"Firmín" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • ariante do antropónimo Firmino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no latín Firminu, testemuñado só en época cristiá, derivado de Firmus, que era en principio un cognome pero que logo se converteu nun nome independente; este, á súa vez, deriva do adxectivo firmus ‘firme, sólido, duradeiro’; co cristianismo adquiriu un valor místico ‘o que permanece firme na fe cristiá’. As variantes deste nome son Firmín e Firme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro bispo de Pamplona. Evanxelizou a Tarraconense e despois estableceuse na Galia; foi o primeiro bispo de Amiens, onde morreu degolado. É avogoso da hidropesía. Na iconografía viste indumentaria episcopal co bordón da dobre cruz na man e a mitra na cabeza; e leva como atributos persoais, a espada, unha árbore florida e un ou dous alicornios; tamén se ten representado coa cabeza cortada entre as mans. A súa festa celébrase o 25 de setembro, aínda que en Pamplona festéxano o 7 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Firmin Tonnerre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director de escena francés. Coñecido como Firmin Gemier, colaborou co Théâtre Libre de A. Antoine e no Ubu Roi que presentou Lugné-Poe co Théâtre de L’oeuvre. Despois de traballar en varios teatros de París puxo en marcha en 1911 un teatro popular ambulante co que percorreu Francia. En 1920 creou en París, no Trocadero, a primeira sala de Teatro Nacional Popular, para despois pasar ao Teatro Odeón, que dirixiu (1922-1930). As súas formulacións tiveron influencia no desenvolvemento dos proxectos de teatro popular e de descentralización teatral en Francia tras a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO