Firmino
Firmino
[ONOM]
Antropónimo que ten a súa orixe no latín Firminu, testemuñado só en época cristiá, derivado de Firmus, que era en principio un cognome pero que logo se converteu nun nome independente; este, á súa vez, deriva do adxectivo firmus ‘firme, sólido, duradeiro’; co cristianismo adquiriu un valor místico ‘o que permanece firme na fe cristiá’. As variantes deste nome son Firmín e Firme.