"Fly" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
RIOS
Río de Nova Guinea (1.120 km). Nace nas montañas de Victor Emmanuel, na serra de Maoke, en Papua-Nova Guinea e desemboca no golfo de Papua. Ten 800 km navegables.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de calquera clase que se mantén no aire grazas ao seu propio movemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación de vela lixeira gobernada por dous tripulantes. Esta clase estivo incluída no programa oficial dos Xogos Olímpicos entre a XVIII (Roma 1960) e a XXV olimpíada (Barcelona 1992), período no que se rexistaron dúas vitorias dos regatistas españois: Alejandro Abascal e Miguel Noguer en Moscova 1980 e Luis Doreste e Domingo Manrique en Barcelona 1992, que acadaron a medalla de ouro.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico australiano. Despois de actuar en varias películas e obras de teatro en Londres chegou a Hollywood para traballar en exclusiva para os estudios Warner. A partir dese momento comezou unha carreira marcada por producións nas que sempre tiña o papel de heroe, como Captain Blood (Capitán Blood, 1935), The Charge of the Light Brigade (A carga da brigada lixeira, 1936), The Adventures of Robin Hood (Robin dos bosques, 1938), Dodge City (Dodge, cidade sen lei, 1939), Santa Fe Trail (Camiño a Santa Fe, 1940), They Died With Their Boots On (Morreron coas botas postas, 1941), Objective Burma! (Obxectivo: Birmania, 1945), Silver River (Río de prata, 1948), The Master of Ballantrae (O señor de Balantry, 1953) ou The Sun Also Rises (Festa, 1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Facies sedimentaria formada por capas alternas de gres arxiloso e de calcaria, de xisto lamoso escuro e de calcaria impura. A secuencia está estratificada en capas finas, e os fósiles son escasos; o grosor varía dende 1.500 a 4.500 m, e a súa idade oscila do Cretácico Inferior ao Oligoceno. O termo flysch corresponde orixinariamente a unha formación dos Alpes suízos e xeneralizouse cando se localizaron nas cadeas montañosas de Europa formacións semellantes e contemporáneas a esta. Posteriormente, interpretouse que os sedimentos do flysch suízos correspondían a xeosinclinais profundos depositados antes de comezar a oroxenia, por isto a xeneralización do termo flysch pódese dar a todos os sedimentos psammíticos preoroxénicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera en tres actos de G. Pucini, con texto de G. Giacosa sobre un drama de David Belasco, estreada en Milán en 1904. Narra a fidelidade dunha xaponesa ao seu marido, estadounidense, que a esquece e volve casar.
-
PERSOEIRO
Poetisa. Considerada a primeira feminista do seu país, a súa poesía foi pesimista, angustiada e formalmente barroca. Destaca a súa obra Den sörgande turtur-dufwan (A rula de loito, 1743).
VER O DETALLE DO TERMO