flysch*

flysch*
s m [XEOL]

Facies sedimentaria formada por capas alternas de gres arxiloso e de calcaria, de xisto lamoso escuro e de calcaria impura. A secuencia está estratificada en capas finas, e os fósiles son escasos; o grosor varía dende 1.500 a 4.500 m, e a súa idade oscila do Cretácico Inferior ao Oligoceno. O termo flysch corresponde orixinariamente a unha formación dos Alpes suízos e xeneralizouse cando se localizaron nas cadeas montañosas de Europa formacións semellantes e contemporáneas a esta. Posteriormente, interpretouse que os sedimentos do flysch suízos correspondían a xeosinclinais profundos depositados antes de comezar a oroxenia, por isto a xeneralización do termo flysch pódese dar a todos os sedimentos psammíticos preoroxénicos.

Palabras veciñas

flyer* | flying dutchman* | Flynn, Errol | flysch* | fm | Fm | FM