"Focio" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (858-867 e 878-886). Sucedeu o Patriarca Ignacio trala súa deposición, pero non recibiu a confirmación do Papa Nicolao I, que o excomungou (863). Defendeu a autonomía do patriarcado e enfrontouse co papado pola cuestión do filioque e pola primacía entre os búlgaros. Deposto polo Emperador Basilio I (867), que restaurou o Patriarca Ignacio, trala morte do patriarca foi restituído no cargo co apoio do Papa Xoán VIII. Trala chegada ao trono do Emperador León VI, foi deposto e exiliado. Entre outras obras escribiu: Myrobiblion, un resumo de 279 obras de diversos autores. Os ortodoxos venérano como santo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estratego e político. Discípulo de Platón, representou a aristrocracia e foi nomeado estratego corenta e cinco veces. Opúxose ao nacionalismo expansivo de Demóstenes e liderou xunto con Esquines o partido promacedonio. Tralo restablecemento da democracia en Atenas, foi condenado a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO