Focio
Focio
Patriarca de Constantinopla (858-867 e 878-886). Sucedeu o Patriarca Ignacio trala súa deposición, pero non recibiu a confirmación do Papa Nicolao I, que o excomungou (863). Defendeu a autonomía do patriarcado e enfrontouse co papado pola cuestión do filioque e pola primacía entre os búlgaros. Deposto polo Emperador Basilio I (867), que restaurou o Patriarca Ignacio, trala morte do patriarca foi restituído no cargo co apoio do Papa Xoán VIII. Trala chegada ao trono do Emperador León VI, foi deposto e exiliado. Entre outras obras escribiu: Myrobiblion, un resumo de 279 obras de diversos autores. Os ortodoxos venérano como santo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Constantinopla