"Fontana" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Debuxante, humorista e escritor. En 1966 creou as personaxes Aspirino e Colodión e en 1968 Topolino. Colaborou, entre outros medios, en La Vanguardia co personaxe Don Plácido. En 1988 recibiu o Gran Premio do Saló del Cómic de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción pola que sae ou se fai saír auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Café madrileño onde se reunían, en 1820, os compoñentes da Sociedad de los Amigos del Orden, sociedade patriótica presidida por Calvo Rozas, que influíu notablemente nas manifestacións e levantamentos que tiveron lugar a finais de 1820 e principios de 1821.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciado en Filosofía e Letras (1956) e doutor en Historia (1970) pola Universitat de Barcelona. Dedicouse sobre todo a traballar sobre os modelos de transición do Antigo Réxime ao capitalismo, a formación do mercado na Península Ibérica, as revolucións de 1820 e 1868 e as relacións entre o diñeiro público e o desenvolvemento económico. Da súa extensa bibliografía salientan La quiebra de la monarquía absoluta, 1814-1820 (1972), que foi a súa tese doutoral, Cambio económico y actitudes políticas en la España del s XIX (1973), La crisis del Antiguo Régimen (1808-1833) (1979), España bajo el franquismo (1986) e Europa ante el espejo (1994). Dirixiu a Historia Universal Planeta, composta por doce volumes, e foi o autor do volume La época de las revoluciones (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Obreiro portugués. Foi fundador da Aliança da Democracia Socialista, sección portuguesa da Internacional Socialista, e da Fraternidade Operária. Promoveu as primeiras manifestacións do Primeiro de Maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Estudiou na Accademia di Brera en Milán. Expuxo as súas obras en París (1934) en Abstraction-Création. Viviu en Arxentina (1939-1946) onde realizou escultura figurativa e expresionista e publicou o Manifesto branco (1946). En 1947 volveu a Milán e elaborou a doutrina do espacialismo. As superficies dos seus lenzos son planas e están rachadas; empregou tamén as luces de neon e abriu o camiño á enviroment art.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, coñecido como Tartaglia (‘tatexo’). Autodidacta, foi profesor de matemáticas en Verona e Venecia. Estudiou a ecuación de terceiro grao e atopou a súa resolución. Realizou tamén investigacións sobre o cálculo de probabilidades e aplicou as matemáticas ao eido militar con estudios sobre balística. Publicou La nova scientia (1537) e Questi et inventioni diverse (1546).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e escritor. Catedrático de Literatura na Universitat de Barcelona, comezou a súa carreira literaria en El Vapor (1836), órgano difusor da Renaixença. Publicou diversos traballos sobre poesía tradicional catalá (Romancerillo catalán, 1853), literatura trobadoresca (De los trovadores en España, 1861) e epopea castelá (De la poesía heroico-popular castellana, 1874). Dedicouse á crítica literaria e da arte, e ao estudo das literaturas catalá, castelá, francesa, occitana, inglesa e alemá. Historiador da literatura catalá, a súa Ressenya històrica i crítica dels antics poetes catalans foi premiada nos Jocs Florals de 1865. Presidiu os Jocs Florals en dúas ocasións e a Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona (1861-1878). O seu discípulo Marcelino Menéndez Pelayo publicou postumamente as súas Obras completas (1888-1896), en oito volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO