Odocoileus
Odocoileus
[ANIMAL]
Xénero de ruminantes artiodáctilos, da familia dos cérvidos, de corpo esvelto e pelame curto. Os machos presentan unha cornamenta coa parte posterior menos desenvolvida ca a anterior que está dirixida cara a arriba e adiante. Distribúense por todo o continente americano e algunhas especies foron introducidas no N de Europa.